domingo, 11 de agosto de 2024

Quedada Agualada 2024


 



O sábado 10 de Agosto volvemos a reunirnos 27 aventureiros para realizar un percorrido de 40km e 900m de desnivel.

Con pinchos o remate.

domingo, 24 de marzo de 2024




Circuito galego Transgalaica, en Silleda.

Boa representación do clube, en unha soleada mañan.

Silvia Sanz 9 xeral 8 elite

Olga Traba 12 xeral 10 elite

Alexis Gesto 32 xeral 15 elite

Victor Gonzalez Gende,  56 xeral e 17º elite

Hector Fieira 100 xeral 34 master40

Luis Pan 187 xeral 57 Master30





Comenza a tempada de maratón co circuito galego Transgalaica, en Cotobade.


En un día chuvioso, e sobre un circuito anegado, solo consigue rematar a proba Victor Gonzalez Gende, en posición 22 xeral e 11º elite

Transgalaica Cotobade 2024


Comenza a tempada de maratón co circuito galego Transgalaica, en Cotobade.

En un día chuvioso, e sobre un circuito anegado, solo consigue rematar a proba Victor Gonzalez Gende, en posición 22 xeral e 11º elite

domingo, 17 de septiembre de 2023

CAMPEONATO DE ESPAÑA XCUM 2023. MMR POWERACE ASTORGA

CAMPEONATO DE ESPAÑA XCUM 2023

MMR POWERACE ASTORGA


O  Campeonato de España de Ultramaratón este ano disputabase en Astorga, donde se desplazaban 4 corredores, para probar a dureza nun percorrido moi castigado polas fortes choivas caídas  nos últimos días.
A dureza  de este deixava fora de carreira a Alejandro González Gende e a Alejandro Barca Varela por averías mecánicas nun enganchón na previa.

Victor González Gende fixo unha carreira bastante constante acadando unha posición 19º Elite, mentres que Pablo Lamas Suarez acadaba unha moi meritoria posición 11º en SUB23, nun novo campeonato de España disputado.
Próxima proba en Piñor (Ourense) Campeonato de Galicia de Maratón.



miércoles, 6 de septiembre de 2017

Documento sin título
Moi boas a todos
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo, onde poderedes ver algunhas das paraxes polas que pasaredes nesta XV Edición da Marcha Costa da Morte do clube Monteneme.

Entre outros lares, pasaremos por Verdes, na parroquia de Coristanco ou a praia de Razo

Esperemos vos guste

Recordade que estamos a piques de abrilas inscripcións para todos vos, que se realizarán a través da página web de Prueba-T

sábado, 3 de septiembre de 2016

XIV MARCHA COSTA DA MORTE


Apertura de inscricións


                Xa está aquí un ano máis unha nova edición, e xa van XIV, da Marcha Ciclista Costa de Morte que organiza Club Ciclista Monteneme, sendo unha das marchas máis antigas e tradicionais do calendario ciclista de BTT de toda a provincia.
Como ven sendo costume contarase cun percorrido atractivo para todos os amantes do ciclismo de montaña que discorrerá principalmente polo Concello de Carballo, pero tamén pasará máis brevemente polos de Coristanco, Ponteceso e Malpica. Nesta edición, e dado as boas sensacións da pasada edición e tamén por peticións de moitos participantes, a ruta será moi semellante a de 2015, na cal, o principal atractivo foi o tramo pola ribeira do río Anllóns ata Verdes, que este ano incluso se amplía, e a tradicional subida a Monteneme, onde, unha vez arriba se poderá contemplar toda a baía da praia de Razo e Baldaio.
Este ano, como novidade, xunto coa Marcha ciclista, faremos unha andaina, a I Andaina Costa da Morte, cun percorrido asequible para todos duns 15 quilómetros que levará ós participantes desde a Praza do Concello de Carballo pola beira do río ata Pontedona, pasando por Sísamo e o Refuxio de Verdes.
O Club Ciclista Monteneme invita a todos os afeccionados a acompañarnos o vindeiro día 2 de Outubro xunto cos que lles guste andar pola natureza. As inscricións xa están abertas e ata o día 29 de Setembro en www.prueba-t.es , sendo, como en pasadas edicións, a inscrición á marcha BTT para as mulleres gratuíta e tamén, como de costume, para os que queiran, haberá unha churrascada para poñer punto final o evento.

Máis info en:





domingo, 14 de agosto de 2016

CEA DE VERÁN

CEA DE VERÁN 2016


DÍA 27 DE AGOSTO, AS 9 DA NOITE
LUGAR: PAZO DE SÍSAMO


CHURRASCO, POSTRE, BEBIDAS E SORTEO DE REGALOS

HABERÁ ANTES UNHA CONTRARRELOXIO ENTRE TODOS OS MEMBROS DO CLUB QUE QUEIRAN PARTICIPAR.


https://docs.google.com/forms/d/1AFhmUxwQbNKin1Tru7nZ3_kfqVLIjMkCC8LV6OGe6w8/prefill





martes, 12 de abril de 2016



Engadir título
O VINDEIRO SÁBADO DÍA 16 CELEBRARASE A QUEDADA DE A GUALADA.
SAIREMOS DESDE O PAVILLÓN DE AGUALADA AS CATRO DA TARDE ONDE Á VOLTA HABERÁ DUCHAS E PARA OS QUE QUEIRAN QUEDARSE COMPARTIREMOS UNS PINCHOS, A ESCOTE, NA PARRILLADA RECAREY.
UNHA VEZ MÁIS É O NOSO COMPAÑEIRO CARLOS BOUZAS O QUE SE ENCARGA DE ENSINARNOS OS CAMIÑOS E CORREDOIRAS DE AGUALADA E ALREDEDORES.
A RUTA ESTA ABERTA A TODOS OS QUE QUEIRA DISFRUTAR DUNHA TARDE DE BTT.

martes, 6 de octubre de 2015

Club Clicista Monteneme - Calvo

ORGANIZACIÓN

XII+I MARCHA COSTA DA MORTE

Damos por pechada esta edición da Marcha do C.C. Monteneme...

E non nos queda máis nada que agradecervos a todos asistirades á nosa ruta.
Sabemos que cometemos algún fallos, e prometemos que intentaremos mellorar, pero moitos foron porque vimos como as nosas previsións de asistencia viuse superar con creces e vimonos un pouquiños desbordados porque intentamos non deixar a ningúen fora, a ruta e a compañía merecía a pena.
Os medios técnicos despregados foron amplos (4 furgonetas, 6 coches, tres motos, un quad, e todos os voluntarios  para a cociña, cruces, dorsais, averías, fotografía, peche de ruta, seguimento de ruta, ambulancia, policía, protección civil, etc..).

Para o ano prometemos máis e mellor.

Agradecer tamén a todos os voluntarios, fotógrafos, policía local e Protección Civil de Carballo, o seu traballo e esforzo..
E a Calvo pola cesión das súas amplas instalacións para a celebración do evento.

E seguro que me queda alguen...

GRACIAS A TODOS!!!


jueves, 1 de octubre de 2015

XII+I MARCHA COSTA DA MORTE

LISTADO FINAL DE INSCRITOS


No seguinte enlace:

LISTADO FINAL DE INSCRITOS

Recordade que:

A saída da marcha esta programada para as 9 da mañan desde a Praza do Concello de Carballo, pero concentraremos antes nas instalacións da Fábrica de Calvo onde poderedes aparcar os coches e despois ducharvos e comer, os que elixirades esta opción.
A entrega de dorsais farase desde as 7:45 da mañan ata as 8:45; pregamosvos que veñades con algo de antelación dado que sodes moitos os inscritos e para evitar demoras de última hora. Os que queirades recoller o voso dorsal antes do día da proba podedes facelo o venres pola tarde ou o sábado pola mañán na tenda de EVOBICI sita na Rúa da Fábrica número 60 de Carballo.
Iremos formando grupos unha vez recollidos os dorsais para desprazarse á saída na Praza do Concello.

Gracias pola vosa participación e desde o club esperamos que tanto a ruta como a súa organización sexa do voso agrado.

miércoles, 30 de septiembre de 2015

LISTADO DO ESTADO DAS INSCRICIÓNS A DÍA 30 DE SETEMBRO.


SE NON VOS ATOPADES EN INSCRITOS MIRADE EN PREINSCRITOS ONDE SE VOS INDICA SE HAI ALGUNHA INCIDENCIA.

Os que pon "Erro en ingreso" é porque non coincide ás opcións sinaladas no formulario co ingreso feito, é dicir, ingresouse de menos.
Os que o día 1 de Outubro non teñades o ingreso feito, sintiremolo moito, pero non poderes participar este ano na marcha.

Por favor revisadeo, o venres pola mañan colgaremos o listado final de inscritos.


ESTADO INSCRICIÓNS