Email

martes, 6 de octubre de 2015

Club Clicista Monteneme - Calvo

ORGANIZACIÓN

XII+I MARCHA COSTA DA MORTE

Damos por pechada esta edición da Marcha do C.C. Monteneme...

E non nos queda máis nada que agradecervos a todos asistirades á nosa ruta.
Sabemos que cometemos algún fallos, e prometemos que intentaremos mellorar, pero moitos foron porque vimos como as nosas previsións de asistencia viuse superar con creces e vimonos un pouquiños desbordados porque intentamos non deixar a ningúen fora, a ruta e a compañía merecía a pena.
Os medios técnicos despregados foron amplos (4 furgonetas, 6 coches, tres motos, un quad, e todos os voluntarios  para a cociña, cruces, dorsais, averías, fotografía, peche de ruta, seguimento de ruta, ambulancia, policía, protección civil, etc..).

Para o ano prometemos máis e mellor.

Agradecer tamén a todos os voluntarios, fotógrafos, policía local e Protección Civil de Carballo, o seu traballo e esforzo..
E a Calvo pola cesión das súas amplas instalacións para a celebración do evento.

E seguro que me queda alguen...

GRACIAS A TODOS!!!


jueves, 1 de octubre de 2015

XII+I MARCHA COSTA DA MORTE

LISTADO FINAL DE INSCRITOS


No seguinte enlace:

LISTADO FINAL DE INSCRITOS

Recordade que:

A saída da marcha esta programada para as 9 da mañan desde a Praza do Concello de Carballo, pero concentraremos antes nas instalacións da Fábrica de Calvo onde poderedes aparcar os coches e despois ducharvos e comer, os que elixirades esta opción.
A entrega de dorsais farase desde as 7:45 da mañan ata as 8:45; pregamosvos que veñades con algo de antelación dado que sodes moitos os inscritos e para evitar demoras de última hora. Os que queirades recoller o voso dorsal antes do día da proba podedes facelo o venres pola tarde ou o sábado pola mañán na tenda de EVOBICI sita na Rúa da Fábrica número 60 de Carballo.
Iremos formando grupos unha vez recollidos os dorsais para desprazarse á saída na Praza do Concello.

Gracias pola vosa participación e desde o club esperamos que tanto a ruta como a súa organización sexa do voso agrado.