martes, 6 de octubre de 2015

XII+I MARCHA COSTA DA MORTE

Damos por pechada esta edición da Marcha do C.C. Monteneme...

E non nos queda máis nada que agradecervos a todos asistirades á nosa ruta.
Sabemos que cometemos algún fallos, e prometemos que intentaremos mellorar, pero moitos foron porque vimos como as nosas previsións de asistencia viuse superar con creces e vimonos un pouquiños desbordados porque intentamos non deixar a ningúen fora, a ruta e a compañía merecía a pena.
Os medios técnicos despregados foron amplos (4 furgonetas, 6 coches, tres motos, un quad, e todos os voluntarios  para a cociña, cruces, dorsais, averías, fotografía, peche de ruta, seguimento de ruta, ambulancia, policía, protección civil, etc..).

Para o ano prometemos máis e mellor.

Agradecer tamén a todos os voluntarios, fotógrafos, policía local e Protección Civil de Carballo, o seu traballo e esforzo..
E a Calvo pola cesión das súas amplas instalacións para a celebración do evento.

E seguro que me queda alguen...

GRACIAS A TODOS!!!


No hay comentarios :

Publicar un comentario