XIV MARCHA COSTA DA MORTE
Apertura de inscricións
Xa está aquí un ano
máis unha nova edición, e xa van XIV, da Marcha Ciclista Costa de Morte
que organiza Club Ciclista Monteneme, sendo unha das marchas máis
antigas e tradicionais do calendario ciclista de BTT de toda a provincia.
Como ven sendo costume contarase cun percorrido
atractivo para todos os amantes do ciclismo de montaña que discorrerá
principalmente polo Concello de Carballo, pero tamén pasará máis brevemente
polos de Coristanco, Ponteceso e Malpica. Nesta edición, e dado as boas
sensacións da pasada edición e tamén por peticións de moitos participantes, a
ruta será moi semellante a de 2015, na cal, o principal atractivo foi o tramo
pola ribeira do río Anllóns ata Verdes, que este ano incluso se amplía, e a
tradicional subida a Monteneme, onde, unha vez arriba se poderá contemplar toda
a baía da praia de Razo e Baldaio.
Este ano, como novidade, xunto coa Marcha
ciclista, faremos unha andaina, a I Andaina Costa da Morte, cun
percorrido asequible para todos duns 15 quilómetros que levará ós participantes
desde a Praza do Concello de Carballo pola beira do río ata Pontedona, pasando por
Sísamo e o Refuxio de Verdes.
O Club Ciclista Monteneme invita a todos os afeccionados
a acompañarnos o vindeiro día 2 de Outubro xunto cos que lles guste
andar pola natureza. As inscricións
xa están abertas e ata o día 29 de Setembro en www.prueba-t.es , sendo,
como en pasadas edicións, a inscrición á marcha BTT para as mulleres gratuíta e
tamén, como de costume, para os que queiran, haberá unha churrascada para poñer
punto final o evento.
Máis info en:
http://ccmonteneme.blogspot.com.es/
http://www.facebook.com/groups/ccmonteneme/
https://www.facebook.com/events/1021087584642987/
http://www.facebook.com/groups/ccmonteneme/
https://www.facebook.com/events/1021087584642987/
No hay comentarios :
Publicar un comentario