INSCRICIÓNS PECHADAS.
Gracias a todos
DESPUES DE INSCRIBIRSE FACER O INGRESO NA CONTA
IBAN: ES51 2080 5353 7830 4002 7296 - ABANCA
INDICANDO NOME E APELIDOS
ÚLTIMO DÍA PARA INSCRIBIRSE 28-09-2015
ESTE ANO AS MULLERES TEÑEN A INSCRICION "G R A T I S "
Solo pagaran a licencia du día as que non a teñan.
Entrega de dorsales de 08:00 a 08:45
Haberá obsequio para todos ,sorteos e trofeos para clubes, o máis lonxano (mínimo 5 participantes), ó máis numeroso e o cicilsta máis veterano.
XII+I MARCHA COSTA DA
MORTE
REGULAMENTO
XII+I MARCHA COSTA DA
MORTE
1.
O Club Ciclista Monteneme é o organizador da XII+I MARCHA MTB
COSTA DA MORTE, que se celebrará o 4 de Outubro de 2015, coa autorización da
Federación Galega de Ciclismo e resto de Organismos compententes.
2.
Esta marcha cicloturista está aberta a tódolos ciclistas
maiores de 17 anos (ou que os cumpran no 2015), que posúan a licencia
federativa do ano en curso, sendo a inscrición de 10 Euros. No caso contrario,
deberan solicita-la tramitación da licencia dun día cun custo adicional de 5
Euros.
3.
O ritmo da marcha será controlado pola Organización de acordo
co horario previsto. Membros da Organización debidamente identificados abriran
a ruta, e deberan acatarse en todo momento as súas instruccións. Asimesmo,
realizarase agrupamento dos participantes durante a marcha.
4.
Cada participante debe ser plenamente consciente da lonxitude
e dificultade da proba, a cal se desenrolará baixo posibles condicións
climáticas de frio, chuvia, vento, calor extremo, etc...polo tanto debe prever
que a súa indumentaria, calzado...así como as condicións físicas sexan as máis
apropiadas para realizar a macha.
5.
A recollida de dorsais realizarase nas instalacións da
Fábrica de Calvo sita na Estrada Coruña - Fisterra Qm 34,5, 15102 Carballo, A
Coruña o día da proba entre as 08:00 e as 8:45 horas.Todo participante deberá
levar, de forma obrigatoria e visible o dorsal na parte dianteira da
bicicleta.Todo participante que non leve colocado de maneira visible o dorsal
será excluido da marcha por membros da organización ou polas forzas do orden. Para
recoller o dorsal é OBRIGATORIO presentar 0 DNI e a licenza da RFEC, no el caso
de que no se teña suscrito o seguro federativo por un día proposto pola
organización.
6.
É responsabilidade do participante localizar a sinalización e
seguila.
7.
A marcha está prevista para 200 participantes.
8.
As inscripcións só se consideran definitivas cando se teña
efectuado o pago e no caso de non poder participar non se realizará a
devolución da inscripción. As inscripcións son estrictamente personais e
intransferibles, non poden ser utilizadas por outra persona diferente da
inscrita. Non é posible a substitución dun participante por outro salvo que a
Organización o autorice expresamente.
9.
É obrigatorio o uso do casco. Debes ser extremadamente
respectuoso co entorno. Non contamines tirando lixo nin perturbando o silencio
do monte.
10.
A Organización pon a disposición dos participantes:
asistencia mecánica gratuíta (as pezas seran a cargo dos participantes),
Protección Civil, avituallamentos sólidos e líquidos, duchas, servicio de
lavado de bicicletas e recordo conmemoratorio.
11.
Tódolos participantes consideranse en excursión personal,
debendo aterse ás normas do vixente código de circulación, declarandose
personalmente responsables das infraccións que cometan.
12.
A Organización non se fai responsable de ningún accidente do
que poida ser causa ou vítima o participante durante a marcha ciclista, como
tampouco se fai responsable dos gastos ou débedas que puidera contraer durante o
percorrido.
13.
A aceptación do presente regulamento implica obligatoriamente
que o participante autoriza á organización á grabación total ou parcial da súa
participación na mesma, presta o seu
consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión
da proba, de todas as formas posibles (radio, prensa, video, foto, dvd,
internet, carteis, medios de comunicación, etc....), e cede todos os dereitos
relativos á explotación comercial e publicitaria que a organización considere
oportuno executar, sin dereito pola súa parte a recibir compensación económica
alguna.
14.
A organización non asumirá ningunha responsabilidade si o
evento se suspende ou apraza por causas de forza maior. Asimesmo a organización
non se fai responsable das decisións que a título personal tomen os
participantes como consecuencia da suspensión da mesma.
15.
O mero feito de inscribirse na proba supón a aceptación do
presente regulamento e a renuncia a todos os dereitos contra a organización,
renunciando a toda acción legal que pudiera derivarse da súa participación na
proba.
16.
Os participantes da proba polo feito de inscribirse dan o seu
consentimento para que Club Ciclista Monteneme, por sí mesmo ou mediante terceiras
entidades, traten automáticamente e con finalidade exclusivamente deportiva,
promocional ou comercial, os seus datos de carácter personal. Para renunciar a
esta cesión, o participante deberá expresalo no momento de inscribirse. De acordo
co establecido na Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de Protección de
Datos de Carácter Personal, o participante ten o dereito de acceder a estes
ficheiros co obxecto de rectificar e/ou cancelar de forma total ou parcial o
seu contido, o cal, deberá solicitarlo por escrito o domicilio social do Club
Ciclista Monteneme, Rúa Valle Inclán 24, 15100 Carballo (A Coruña).
No hay comentarios :
Publicar un comentario