XII+I MARCHA COSTA DA MORTE
Un ano máis o Club Ciclista Monteneme – Calvo organiza a súa marcha, unha
das marchas máis tradicionais do calendario ciclista de BTT de toda a zona.
Desta vez toca a número 12+1:
Contamos este ano, como sempre, cun percorrido atractivo para todos os
participantes que discorrerá principalmente polo Concellos de Carballo, pero
tamén pasará máis brevemente polos de Coristanco, Ponteceso e Malpica. Concentraremosnos
nas instalacións da Fábrica de Calvo onde hai sitio dabondo para aparcar para
saír todos xuntos desde a Praza de do Concello de Carballo dirixíndonos cara
Sísamo onde pasaremos ó carón do Pazo do Souto para desde alí baixar ó cauce do
río Anllóns ata Verdes, neste lugar subiremos ata Vilaverde, en Cereo, e
cruzaremos de Coristanco a Ponteceso pola antigo Camiño Real que atravesa por A
Pontedona, para seguir subindo ata Cances onde se fará o corte das rutas longa
e corta. Alí os máis ousados poderán continuar ata Oza onde, como non podía ser
doutra maneira na nosa marcha, subiremos ó Monteneme ata a Eira das Meigas, e
desde este punto xa comenzar unha bonita e longa baixada duns 6 quilómetros que
nos deixará a nivel do mar na praia de Razo. En Razo pedalearemos un anaco a carón
do areal e comenzaremos xa a volta a Carballo facendo unha pequena, anque dura
subida, que nos conducirá por Oza ata preto do Polígono Industrial de Bértoa,
que bordearemos para ir adentrandonos xa en Carballo para rematar a ruta, como
é habitual, nas instalacións da Fábrica de Calvo onde se dispoñeran de duchas e
mangueira para lavar as bicicletas e para os que queira haberá un delicioso churrasco
esperandoos.
Anímavosvos a todos os afeccionados a vir, tanto a longo como a corta, cun
percorrido que non vos vai a decepcionar e tamén a degustar despois con todos
nos unha comida que completará unha mañán de deporte e festa.
No hay comentarios :
Publicar un comentario