lunes, 4 de mayo de 2009

VII MARCHA BTT COSTA DA MORTE

CERRADO EL PLAZO DE INSCRIPCION

AL FINAL HAY TRAMO LIBRE (PERFIL)

Xa temos lista a VII Marcha Btt Costa da Morte, que organiza o C.C. Monteneme.
Deixovos aquí o Track da marcha, os Perfís da ruta e varios Datos de interese que seguro vos axudarán.
Sairase ás 16:00h das instalacións de Conservas Calvo como en anteriores ediccións, cruzaremos o pobo todo por estrada para comezar a ruta por monte no polígono industrial de Bértoa.
A ruta deste ano volve cara ó mar pero nesta ocasión cara a Lagoa de Baldaio.
Cruzaremos varias estradas algunhas delas con bastante circulación, ata baixar a lagoa de Baldaio onde pasaremos case polo medio da praia para logo pasar por a Pedra do Sal e facer unha pequena subida, dende onde veremos unhas preciosas vistas coas Sisargas ó fondo.
Despóis da subida, que nos levará a un carreiro estreito, e dende ahí á estrada onde xa nos espera o avituallamento sólido/líquido para repoñer algo de forzas, para empezar o que será a subida máis dura da marcha, que pasará por medio do circuito de descenso onde entrenan Manuel Verdía e outros valentes que se atreven con este peligroso circuito.
Ó rematar de subir, empezaremos unha baixada por corredoiras con algo de toxo e sairemos á estrada para desde ahí empezar xa ó último tramo que nos levará de novo ó polígono industrial de Bértoa onde agruparemos para cruzar o pobo e ir á fábrica de Calvo.
Despóis dunha merecida ducha, nos e tamén das nos máquinas, pasaremos a tomar os ben ganados pinchos.
O prezo da inscripcion sera de 12 € pos federadaos e de 20 € pos non federados (8 € do seguro da federacion por 24 horas). A incripcion podedela facer aqui no formulario de mais abaixo ou o mesmo dia da marcha, a incripcion por internet cerrarase o domingo 31 de Maio as 24:00. O importe farase efectivo o mesmo dia da marcha cando se formalize a inscripcion e se retiren os dorsales (presentando DNI e licencia os que a teñan).
A MARCHA ESTA LIMITADA A 150 PERSOAS E TERAN PRIORIDADE OS PREINSCRITOS
Aqui tedes as normas que afectan a VII Marcha BTT Costa Da Morte organizada por o Club Ciclista Monteneme de Carballo, ledeas e aceptade no formulario si estades dacordo con elas.

No hay comentarios :

Publicar un comentario